O rito diario xa sen rito, escoltada por branquísimas amantes: matar ó pai,
devorar os ocos, masacrar un a un todos os funcionarios e mercaderes cos
que fose intercambiada unha palabra apenas, desintegrar cada pegada cunha
lixivia veleñosa zumegada do meu hime sen descanso.
Abortar é unha obriga, unha necesidade fonda, un desafío.
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977)
De “O libro da Egoísta”, 2003.
...